O PP de Ourense fai unha nova chamada ao Goberno e Renfe para que rectifiquen os horarios “irracionais” do AVE que suprimirán paradas na estación da Gudiña-Porta de Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Mediante unha interpelación parlamentaria máis para evitar que se eliminen servizos ferroviarios desde o próximo luns, 9 de xuño

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

· “Non teñen xustificación estes cambios horarios para reducir 10 minutos nunha viaxe de catro horas”, critica o deputado popular, privando de paradas intermedias a usuarios de Vilagarcía, A Gudiña -con afectación a seis comarcas ourensás e portuguesas-, Sanabria, Medina do Campo e Segovia

5, xuño, 2025. Os deputados do Partido Popular no Congreso pola provincia de Ourense, Celso delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, presentaron hoxe unha nova iniciativa parlamentaria na que insisten en pedir ao Goberno e a Renfe que rectifiquen os novos horarios “irracionais” do AVE que se porán en marcha a partir deste luns, 9 de xuño, e que suporán a supresión de paradas na estación da Gudiña-Porta de Galicia.

Unha perda de servizos, apunta Celso Delgado, que impedirá aos usuarios desta estación chegar a Madrid nunha viaxe matinal, sen posibilidade algunha de realizar xestións pola mañá, e dispoñer de tan só catro horas na capital se queren regresar no mesmo día aos seus lugares de residencia, pois o último tren con parada na Gudiña sairá as seis da tarde.

“Non teñen xustificación estes cambios horarios para reducir 10 minutos nunha viaxe de catro horas”, critica o deputado popular, privando de paradas intermedias a usuarios de Vilagarcía, A Gudiña, Sanabria, Medina do Campo e Segovia. Ademais, apunta Delgado, o caso ourensán afecta a seis comarcas ourensás e portuguesas.

Os enormes investimentos realizados na alta velocidade foron pensados para “satisfacer as necesidades de mobilidade da colectividade, pero tamén desde o punto de vista da solidariedade”, denuncia Celso Delgado, polo que “os intereses dalgúns non poden ir en detrimento de moitos”.

Os deputados fan un último chamado ao Goberno e Renfe para que rectifique estas inxustas decisións contra as que xa se manifestaron por unanimidade de todos os grupos políticos a Deputación de Ourense, ademais de concellos das comarcas afectadas, asociacións, plataformas veciñais, colectivos empresariais e sindicatos.

PREGUNTA DIRIXIDA AO GOBERNO

A pregunta dirixida ao goberno é a seguinte: Atenderá el Gobierno y RENFE las justas y fundadas reclamaciones de la Diputación Provincial de Ourense, de los Concellos, de las Asociaciones de viajeros, empresariales y vecinales, Sindicatos y de los partidos políticos y sus representantes y rectificarán la errónea decisión de suprimir en el corredor ferroviario de alta velocidad Galicia-Madrid, a partir del 9 de junio los servicios ferroviarios que hasta esa fecha tenían parada en la estación “A Gudiña-Porta de Galicia” en horarios adaptados a las necesidades de los usuarios?