Tiruleque ofrece a súa última obra de teatro, “Soutelo Enterprise”, para actividades culturais

O Grupo de Teatro Tiruleque presenta en formato dixital a súa última creación. Deste xeito, ofrecen a posibilidade de que todos aqueles concellos ou entidades a avalíen e poidan contar con eles para unha futura actuación presencial. Como información especial para os concellos da provincia de Ourense, Tiruleque está dentro da Rede de Auditorios da Deputación de Ourense.

Para o caso de que algunha organización non dispoña de medios técnicos, o Grupo de Teatro informa de que eles poden aportar cámara negra, decorados, torres-truss, dimmer, luces e son.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica, o magnate Ramiro Soutelo, alma mater do emporio “Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as súas ambiciosas ansias de poder económico e político, sen que tales actividades lles causen desacougos nin remorsos a ningún dos seus actores. As lapas da conciencia apáganse co mellor extintor coñecido: o diñeiro. Unha comedia aceda contada entre risas e prantos, na que nos preguntamos:

Que ten que ver Lionel Messi con Paquiño Cagarolas? Por que Anselmo ten uns gayumbos de Kevin Clain e Benito de Calvin Klain? Milucho, o alcalde de Buxo, será tal de matar todas as vacalouras do concello? Non lle sería máis práctico a don Damián voar no seu jet privado? Perderá o Boca Juniors ese partido contra o Paris Saint-Germain? Por que Carmiña non quere patacas con cherelos e Lela ten problemas sexuais co seu Rafa?

Estrea 6-11-2021:

Reposición 7-11-2021:

DRAMATIS PERSONAE

Por orde de aparición, máis ou menos

Pepe PradaAnselmo
Florindo GonzálezDon Damián
José Luis CibeiraBenito
Florindo GonzálezLocutor de noticias
Lourdes Sánchez / Lidya AlmonteLocutora de noticias
Carmen Covela / Ana Rosa PavónLela
Carmen Sobrado / Mª Carmen Fdz. CarreiroCarmiña
Lourdes Sánchez (g) / Lidya Almonte (c)Maxistrada Carolina Melgar
Antonio ReyMaxistrado Carlos Melgar
Pepe PradaRamiro Soutelo
José M. Vaquero / Ana Rosa PavónAnxo
Mª Carmen Fdz. CarreiroPilar, secretaria
Antonio ReyEmilio Sendra, alcalde de Buxo
  
Maiti Grande, José M. Vaquero, Florindo González, Lourdes Sánchez, Carmen Covela, Carmen Sobrado, Antonio Rey, José Luis Cibeira, Mª Carmen Fernández. Carreiro, Antonio Rey e Pepe Prada.| |  >Voces Externas | | |
  

EQUIPO TÉCNICO

Texto orixinalSergio Macías Casillas
Cavilacións sobre o TextoTiruleque
Esnaquiza o texto e dirixePepe Prada
  
Vestiario, Luces,|
Son, Decorados e >Tiruleque
máis Parafernalia|

Agradecementos sen par á Deputación Provincial de Ourense, Concello do Carballiño, Estación de Servicio Piteira Cibeira, S. A., Badal Novas TV, Cadena SER do Carballiño, e especialmente a Patricia Gulisano e Maiti Grande, sen esquecernos –como non podía ser- de Sergio Macías Casillas, quen, con grande xenerosidade, permitiunos modificar o seu texto orixinal para adaptalo ás nosas necesidades técnicas e interpretativas.

Duración: 60 minutos.

Traxicomedia. Tódolos públicos, mais preferentemente adulto.