Ourense, 13 de xuño de 2025. – O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá no salón de actos da Delegación Territorial ao Ourense Atletismo Feminino, polo seu ascenso á Liga Iberdrola 1ª División Nacional.
Durante a recepción, o delegado territorial fixo entrega ás compoñentes do club dunha placa conmemorativa por acadar a máxima categoría nacional.