Luis Menor felicita ao Club Ourense Atletismo logo do seu ascenso á Primeira División Nacional Feminina

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial animou ás deportistas “a que sigades levando con orgullo o nome de Ourense por toda España”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente do club, José Antonio Álvarez, agradeceu á Deputación “por ser parte deste éxito grazas as vosas axudas”

Ourense, 17 de xuño de 2025.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no salón de plenos do Pazo Provincial á directiva, corpo técnico e deportistas do Club Ourense Atletismo, despois do seu meritorio ascenso á Primeira División Nacional Feminina.

Luis Menor destacou que “os que vos damos as grazas somos nós, e por suposto imos a seguir comprometidos co voso clube, e co atletismo. A esixencia agora na primeira división vai ser maior para vós, pero tamén para nós e vos vamos a acompañar ao longo deste proceso”.

O presidente provincial rematou o encontro felicitando e agradecendo ao clube “polo que conseguistes e por facernos esta especial visita”, e as animou a “que sigades levando o nome de Ourense por toda España, ensinando que aquí tamén hai vida, que aquí tamén hai deporte e que tamén en Ourense lles gañamos aos grandes”.

O presidente do Club Ourense Atletismo, José Antonio Álvarez, aproveitou a visita para agradecer á Deputación de Ourense “por esta benvida, e por este recoñecemento polo traballo feito” engadindo que “a Deputación sodes parte deste éxito, grazas ás axudas que nos facedes ano a ano”. Sinalou que “fomos campións galegos de pista cuberta e tamén campións galegos de pista ao aire libre. Como equipo, indica que somos as primeiras a nivel autonómico”.