O PP defende unha moción na Deputación para esixir ao Goberno o reforzo de medios materiais e humanos da Garda Civil na provincia de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Confiamos en que esta iniciativa saia adiante porque é de interese xeral para a provincia e a xente sobre todo do rural está moi preocupada. Esta moción é de vital importancia porque estamos a falar de seguridade e de protección”, explica a voceira dos populares, Patricia Torres

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

·          O secretario provincial da asociación de gardas civís Jucil, Luis Sousa Alonso, explicou que “esta moción reflicte o que pedimos desde hai anos, que é material e persoal suficiente para poder atender á veciñanza”

·          O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos expresou que “queremos que se aposte polo rural en maiúsculas e que non se pechen os cuarteis. A xente debe sentirse amparada e o apoio á Garda Civil é clave”

20, xuño, 2025. O vindeiro pleno da Deputación, que se celebrará o próximo venres, 27 de xuño, abordará o debate dunha moción presentada e defendida polo Grupo Provincial do Partido Popular, relativa ao reforzo dos efectivos da Garda Civil en Ourense.

Así o anunciou esta mañá a voceira dos populares, Patricia Torres, acompañada polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e polo secretario provincial da asociación de gardas civís Jucil e a secretaria xurídica deste colectivo, Luis Sousa Alonso e Digna Nogueras Fernández, respectivamente.

Patricia Torres expresou a súa confianza en que a iniciativa do Grupo Provincial do PP saia adiante “porque é de interese xeral para a provincia e a xente, sobre todo do rural, está moi preocupada. Estamos ante unha moción de vital importancia porque falamos de seguridade e de protección”. Lembrou tamén Patricia Torres situacións alarmantes como a ocurrida o día do apagamento eléctrico, “no que todos os cuarteis quedaron incomunidados e por iso solicitamos que se doten dos medios necesarios para que nunca volva ocurrir algo así”. A voceira popular e tamén alcaldesa de Boborás explicou tamén que a moción “recolle as preocupacións que nos transmite a veciñanza e tamén as peticións que nos trasladan os axentes da Garda Civil”.

Pola súa banda, o secretario provincial de Jucil, Luis Sousa Alonso, explicou que a moción anunciada hoxe “reflicte o que levamos anos pedindo, que é material e persoal suficiente para poder atender á veciñanza”. Tamén explicou que os tempos de accións están sendo complicados debido a que “unha patrulla poder abarcar 1.500 kilómetros cadrados, e o tempo de chegada ante unha chamada pode pasar de unha hora”.

Por último, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos expresou que “queremos que se aposte polo rural en maiúsculas e que non se pechen os cuarteis. A xente debe sentirse amparada e o apoio á Garda Civil é clave”.

ACORDOS PROPOSTOS

Tal e como consta na moción que se debaterá no vindeiro pleno da Deputación, os populares propoñen os seguintes acordos: en primeiro lugar, instar o Ministerio do Interior a que, en coordinación coa Dirección Xeral da Garda Civil, proceda a reforzar de maneira prioritaria os efectivos asignados na provincia de Ourense.

En segundo lugar, solicitar o Ministerio do Interior o incremento e mellora de recursos materiais, medios técnicos e de seguridade destinados aos cuarteis e postos da Garda Civil que prestan servizo na nosa provincia, co fin de mellorar a seguridade dos propios axentes, así como a súa operatividade e capacidade de resposta.

Tamén instan ao Goberno de España a dotar a todos os postos e cuarteis de Garda Civil de sistemas de subministración eléctrica de emerxencia, para que ante calquera eventualidade, xa sexa meteorolóxica, enerxética, etc. podan seguir prestando os servizos con normalidade en situacións de crise.

O cuarto punto do acto do acordo consiste en informar á cidadanía da aprobación desta moción e das accións emprendidas para garantir unha maior presenza de efectivos e mellora dos servizos de seguridade, así como de protección da natureza.

Por último, os populares propoñen dar traslado da presente moción, unha vez aprobada, ao Ministerio do Interior, á Delegación do Goberno en Galicia, á Dirección Xeral da Garda Civil e aos Concellos da provincia de Ourense.