O slalom de Antas de Ulla, para Iván Picallo

Iván Picallo, aos mandos do seu habitual Citroën Saxo, foi o gañador da segunda edición do Slalom de Antas de Ulla, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da especialidade.

Picallo logrou o seu mellor crono na segunda pasada oficial celebrada na localidade lucense fixando o tempo en 2:30.69. O segundo chanzo do podio foi para Sergio Fernández, que no seu BMW quedouse a algo menos de tres segundos do vencedor da proba (2:33.28).

O terceiro chanzo do podio nesta proba que procura asentarse no calendario de slalom galego foi para Anxo Lariño Waldomar, conducindo o Citroën Saxo co que logrou a victoria en Rianxo a tempada pasada. Lariño repúxose dunha mala primeira manga para rematar cun tempo de 2:35.07.

Completaron os cinco primeiros clasificados da proba Pablo Castro e Diego Miguélez.

Miguel Santiago, do Siroco Team Narón foi o mellor entre os debutantes, mentres que Eva María Caride foi a máis rápida entre as representantes femininas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------