O BNG do Carballiño demanda a limpeza das marxes da estrada entre Banga e o Eixo do Ribeiro

O pasado 3 de abril o Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Carballiño rexistrou no Concello un escrito alertando de que nas marxes da estrada OU-413 era urxente unha limpeza da maleza acumulada e a poda e apartamento das árbores caídas ou con risco de caer que puideran supoñer risco para a seguridade viaria, concretamente entre Banga e o enlace co Eixo do Ribeiro, pasando por Cabanelas.

Sen embargo, e según expón Manuel Chan, responsable local desta formación política “o tempo veu darnos a razón o pasado 25 de xuño coa caída na estrada dun piñeiro, coa fortuna de non ocasionar danos persoais ou materiais, árbore que foi retirada polo Servizo de Emerxencias do Carballiño”.

En conscuencia, dende o BNG carballiñés engaden que, “ante este feito, e ante a inacción do grupo de goberno do Concello do Carballiño, quen debería velar pola seguridade na rede viaria que atravesa o seu territorio, vimos de presentar un rogo no Pleno da Deputación de Ourense solicitando a revisión das marxes da estrada OU-413, competencia desta última administración”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------