O Concello do Carballiño vén de iniciar a renovación de mobiliario urbano coa substitución dos seis bancos da Praza Maior e a instalación de 40 novas papeleiras en diferentes ubicacións da vila. A intervención, realizada desde a Concellería de Servizos Públicos e Benestar Comunitario no marco do plan ‘CooperOU’, para a mellora da comodidade e unha meirande facilidade para a limpeza das rúas.
A concelleira, Rosa Fuentes, destaca a importancia da actuación, que supuxo un custe de preto de 12.000 euros. Nestes días de tanta actividade, veciños e visitantes puideron desfrutar xa dos novos bancos, cuxo deseño ergonómico está pensado para favorecer o repouso.
A actuación de substitución dos bancos foi adxudicada á empresa Mobipark. Pola súa banda, a colocación das 40 papeleiras repártese entre a empresa adxudicataria de limpeza viaria, FCC, e a propia concellería.