Comesaña visita Paderne de Allariz e pon en valor a construción e ampliación dos centros de saúde nos últimos anos

·      Julio Comesaña visitou esta tarde o municipio de Paderne de Allariz, acompañado do alcalde, Manuel Pérez Nóvoa, o presidente do PP local, José Manuel Fernández, e candidatos ás eleccións do 18 de febreiro

AVANTAR ACTIVIDADES

·      “O investimento na construcción de centros de saúde non sería posible co tripartito, que din que non hai que investir en cemento” apuntou Comesaña

9, febreiro, 2024. O candidato do PPdeG ao Parlamento de Galicia e conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez Nóvoa; o líder do PP de Paderne, Jose Manuel Fernández Gómez, e membros da candidatura do PPdeG ao Parlamento de Galicia visitaron esta tarde o municipio de Paderne de Allariz, onde recentemente a Xunta contruiu un novo centro de saúde.

Comesaña lembrou a importancia da colaboración co Concello de Paderne para acadar esta nova infraestrutura sanitaria, axilizando os trámites para conseguir a parcela e sen trabas á Xunta de Galicia. O centro, que tivo un investimento de 624.307 euros, consta dunha única planta de 393 metros cadrados con tres salas de consulta. Isto supón un incremento do 50% con respecto ao anterior centro.

Apelou tamén Comesaña ao “esforzo de planificación” e á “coherencia” da Xunta, para concluír que “só un goberno do PP unido, estable e cunhas contas e unhas finanzas saneadas é capaz de trazar un plan, avanzar nos trámites e poñer o orzamento necesario para executalo”.

“Dende logo, isto non sería posible cun tripartito con partidos que levan toda a lexislatura dicindo que na sanidade non hai que investir en cemento”, incidiu o conselleiro de Sanidade.

Ademais, lembrou que o goberno do PP construíu ou reformou máis de 135 centros de saúde desde o ano 2009, e que completou nesta lexislatura unha dotación de 30 millóns de euros en novos equipos diagnósticos para os servizos de atención primaria.

Reforzo da atención primaria

Sobre a necesidade de máis persoal Comesaña destacou tamén que “a sanidade ten 7.000 efectivos máis hoxe que en 2009” e salientou o compromiso da Xunta por crear nesta lexislatura ata 400 prazas de distintas categorías en atención primaria como  enfermaría, farmacia ou fisioterapia e por poñer en marcha servizos como os de nutricionista ou os equipos de enfermaría a domicilio.

O conselleiro aludiu tamén ás dificultades para a contratación de novos profesionais “no caso de médicos de familia ou pediatras de primaria por unha escaseza que se produce en toda España”, e lembrou que “xa son 14 comunidades autónomas as que se sumaron a un manifesto liderado por Galicia para pedirlle ao Ministerio reformas para poder formar máis médicos”, unhas reformas que obtiveron o apoio no Congreso de partidos como PP, PNV, Junts ou Coalición Canaria pero ás que se opuxeron PSOE, Sumar e BNG.

Para a vindeira lexislatura, Comesaña comprometeu un esforzo en reforzar o traballo en equipo nos centros de atención primaria, cunha nova normativa de organización que reforce o papel dos xefes de servizo, o incremento de enfermaría ata lograr un enfermeiro por cada médico ou o reforzo das competencias e do persoal administrativo para dotarlles de formación sanitaria e que “podan asumir trámites que agora están en mans do médico”.

Ao tempo, apostou por potenciar a capacidade de resolución con máis atención domiciliaria ou cirurxía menor e pola posta en marcha de servizos móbiles que acheguen a centros de saúde rurais servizos como os de probas radiolóxicas ou retinografías.