O IV Festival Celta de San Amaro homenaxeará ao druída Víctor Gulías cunha xornada chea de cultura castrexa

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

San Amaro, setembro de 2025. – O vindeiro sábado 20 de setembro de 2025, o Castro de San Cibrán de Las (San Amaro – Ourense) converterase de novo nun epicentro da historia viva co IV Festival Celta de San Amaro, unha cita única que reivindica a cultura castrexa e rende homenaxe a un dos seus grandes impulsores: o druída Víctor Gulías.

Organizado por Dar Trela co apoio do Concello de San Amaro, este evento contará cunha ampla programación de actividades culturais, gastronómicas e musicais, pensadas para todas as idades e para toda a veciñanza e visitantes que queiran mergullarse no noso pasado celta.Programa do IV Festival Celta de San Amaro

🕛 12:30 h – Benvida do Druída

  • Entrada ao castro.
  • Música ancestral ao longo da mañá a cargo dun quintento.

🍲 12:45 h – Degustacións gastronómicas

  • Elaboración e degustación de gastronomía castrexa.

🎭 13:30 h – “Peleixa entre a Lúa e o Ferro”

  • Representación teatral de Dar Trela Teatro sobre o liderado do castro.

🥘 14:30 h – Xantar Popular: Romaría no Castro

  • Empanada e carne ao caldeiro.
  • Cada persoa pode traer comida libremente.

🎶 16:00 – 17:00 h – Sobremesa Musical

  • Actuación do grupo Kaltë na zona do xantar.

🛡️ 17:00 h – Demostración de artesanía castrexa

  • Patronaxe de roupa castrexa.
  • Tiro con arco/pichón.
  • Actividades infantís: deseño e pintura de escudo castrexo.
  • Xogos de habilidade.
  • Adornos galaicos.
  • Actividade infantil a cargo do persoal do castro.

📚 18:30 h – Segredos do Castro

  • Felipe Senén e Xurxo Souto.

🌅 20:30 h – Oración ao Sol

  • Dar Trela Teatro e sorpresa final.

🥓 21:00 h – Degustación de Porco Celta

🎵 22:00 h – Concertos de peche

  • Gabi Reboredo.
  • Zeltia.

Unha homenaxe ao druída Víctor Gulías

Nesta edición, o festival terá un momento moi especial: a homenaxe ao druída Víctor Gulíasprecursor desta celebración. A súa visión e traballo deixaron unha fonda pegada, e este festival dá continuidade ao seu legado, mantendo vivo o espírito castrexo no corazón da nosa terra.


Información práctica

📍 Lugar: Castro de San Cibrán de Las – San Amaro (Ourense)
🗓 Data: Sábado, 20 de setembro de 2025
⏰ Hora de inicio: 12:30 h

Organizan: Concello de San Amaro & Dar Trela
Colaboran: Xunta de GaliciaTir Na N’Og Recreación HistóricaTerra CoporaDeputación de Ourense

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------