
A Asociación Cultural A Esfarna do Ribeiro, en colaboración con Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, organiza o vindeiro xoves 9 ás 20:15 horas no Café La Huella del Gato (Ribadavia) o acto titulado “Fala a resistencia”, que contará coa intervención de Fayez Badawi, representante da Fronte Popular para a Liberación da Palestina.
Este encontro, aberto a todo o público, pretende ser un espazo de información e reflexión sobre a situación actual en Palestina e a súa loita pola liberdade, enmarcada nos valores da solidariedade internacionalista e da defensa dos dereitos dos pobos.
Desde a asociación sublíñase que a presenza de Fayez Badawi en Ribadavia é unha oportunidade única para coñecer de primeira man o relato da resistencia palestina, así como para reforzar os lazos de irmandade entre Galicia e Palestina.
Data e lugar do acto:
Xoves 9
20:15 horas
Café La Huella del Gato – Praza Maior, 13, Ribadavia
Entrada para todos os públicos
Organizan:
- Asociación Cultural A Esfarna do Ribeiro
- Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista