O grupo socialista leva ao Parlamento unha proposta para que a Xunta rinda contas dos atrasos no investimento do “ecobarrio” da Ponte, en Ourense

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco levará á Comisión de Economía que se celebra hoxe venres, a partir das 10,30 h.,unha pregunta para que a Xunta dea conta dos atrasos do Proxecto “Ecobarrio” da Ponte, en Ourense, onde só investiron 695.000 euros dos 20 millóns que comprometera o presidente da Xunta en marzo de 2018.

Publicidade

Poden seguir a intervención en directo na web do Parlamento de Galicia:

http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/default.aspx

Juan Carlos Francisco Rivera, Carmen Rodríguez Dacosta, Martín Seco García, Marina Ortega Otero e Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, deputados e deputadas pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos.

Foi en marzo do ano 2018 cando foi presentado o proxecto “ Ecobarrio” no salón de Plenos do Concello de Ourense de Galicia. Anunciaba daquela o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, xunto co alcalde, Jesús Vázquez, o conselleiro de Economía, Francisco Conde e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz, entre outros que o Proxecto Ecobarrio convertería a Ourense na primeira cidade de Europa en utilizar xeotermia, que contaría cunha inversión de 20 millóns de euros e unha previsión de crear 300 postos de traballo, na súa primeira fase, xerando calefacción e auga quente para 31 edificios públicos e 18 vivendas privadas.

Manifestaba o presidente da Xunta de Galicia en declaracións os medios de comunicación que consistía nunha aposta polas enerxías renovables, cun proxecto de “futuro, pioneiro e estratéxico“, cunha actuación prevista no barrio da Ponte, que pasaría a converterse nun Ecobarrio, cos aproveitamentos dos recursos existentes no subsuelo.

Resaltando que este proxecto suporía para Ourense que esta se converterá na primeira cidade europea en utilizar este tipo de enerxía, e referencia na loita contra o cambio climático, aproveitando para elo “o gran potencial con que conta. A xeotermia que nos está esperando”. Ademais durante a presentación do proxecto, na que tamén participou o entón comisario polo Clima e Enerxía da Comisión Europea, D. Miguel Arias Cañete, o presidente da Xunta de Galicia destacou que, na súa primeira fase, levara consigo unha inversión de 20 millóns de euros e a estimación de crear uns 300 postos de traballo.

En xuño de 2018 faise público polo Goberno galego a aprobación do protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, así coma o Adif para a execución de proxecto “Ecobarrio”.

Nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2019 consignáronse para este proxecto 2,4 millos de euros e nos do ano 2020, 741.000 euros. En Maio do 2019 o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), organismo dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria anunciaba que acaba de dar un importante paso co fin de desbloquear unha das pezas do “Ecobarrio” da Ponte adxudicando a implantación dunha oficina destinada a proporcionar información a persoas interesadas, comunidades de propietarios e usuarios de edificios públicos , como punto de información de referencia para interesarse polas axudas e outras actuacións que se levarán a cabo, destinando a tal fin a Xunta de Galicia 467.907 euros, o que segundo afirmaron, permitiría tela aberta ata o 31 de decembro de 2021.

Na actualidade esta oficina permanece pechada dende hai máis dun ano o remate das obras de acondicionamento do local. Dos 20 millóns de euros anunciados so nos consta unha execución de 695.856 euros.

Por todo o exposto anteriormente, os deputados e as deputadas que asina formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Que valoración fai o Goberno galego de que o presidente da Xunta de Galicia anunciara en marzo de 2018, unha inversión de 20 millóns de euros para o Proxecto “Ecobarrio“ da Ponte en Ourense e só alcanzara a data de hoxe unha execución de 695.856 euros?

2. Que actuacións ten previstas o Goberno galego en relación co Proxecto “Ecobarrio“ para Ourense?

3. Por que a Oficina de Información “Ecobarrio” na zona da Ponte en Ourense, despois de ser adxudicada de forma nominal á Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética ata decembro do ano 2021, se atopa pechada na actualidade?