A Deputación de Ourense renova o portal de información sobre infraestruturas e equipamentos para impulsar a colaboración cos concellos e cidadanía

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 22 de outubro de 2025.

A área de Infraestruturas da Deputación de Ourense vén de levar a cabo unha profunda actualización e mellora do Sistema de Información Territorial da Enquisa de Equipamentos e Infraestruturas Locais (SITEIEL), que o configura como a Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) da Deputación.

Esta nova versión supón un salto cualitativo na xestión do territorio, na colaboración interadministrativa e na transparencia coa cidadanía. O obxectivo é dar cabida á Estratexia de Datos Europea e, nese contexto, á directiva de Datos Abertos e a súa reutilización no sector público.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O novo SITEIEL transforma a maneira en que os cidadáns e, en particular, os concellos, acceden, consultan ou xestionan non só a información anual da EIEL, senón tamén de todas as fontes de datos que se irán incorporando, ofrecendo máis ferramentas, maior facilidade de emprego e novas capacidades de colaboración.

A EIEL é un instrumento de análise cualitativo e cuantitativo dos servizos de competencia municipal, concretamente, de todos aqueles de menos de 50.000 habitantes, todos agás a capital.

Trátase dun inventario de ámbito nacional e de carácter censal que ten como obxectivo coñecer periodicamente a situación e o nivel de dotación das infraestruturas e equipamentos locais.

A nova web está dispoñible en: https://eiel.depourense.es

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------