A Xunta felicita os 25 anos de traballo en favor da inclusión a través do deporte de Special Olympics Galicia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo en valor o traballo que fai Special Olympics Galicia en favor da plena integración a través do deporte inclusivo e para todos. Díxoo no acto conmemorativo do 25 aniversario desta entidade, coa que a Xunta de Galicia mantén desde fai anos unha estreita colaboración.

Begoña Abeijón garantiu que a Xunta seguirá apoiando ás entidades que actúan no ámbito da discapacidade e destacou que os orzamentos de 2026 aumentan en máis dun 8% os fondos destinados a este fin, superando os 190 millóns de euros. Ao respecto, indicou que este incremento permitirá aumentar o apoio económico ao sector, crear novas prazas de atención e continuar ampliando a rede de atención temperá.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------