Pantasmas, trasnos, zombies e unha homenaxe aos mortos decoran o Samaín na praza da Barronca

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A praza da Barronca, situada no centro do casco urbano do Carballiño, volta a ser un punto de refencia das celebracións tradicionais do calendario anual, neste caso do Samaín, a festa dos celtas que dá entrada ao outono. Ademais do Nadal e o Entroido, entre outras, a festividade na honra dos mortos motiva a Conchi Soto, veciña deste barrio, para preparar, por cuarto ano consecutivo, unha vistosa decoración neste barrio ubicado tra-la Casa do Concello, na rúa Caridade da vila.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Un nutrido grupo de pantasmas, arañas, trasnos, zombies e ata un sanguento pé cortado reciben ao visitante, nun ambiente arrepiante, ao traspasar a cancela que permite o acceso a esta praza. Conchi Soto apunta que “tamén teremos unha lembranza para as veciñas e os veciños deste barrio que xa non están, colocando unhas veliñas a xeito de homenaxe”.

Un espazo que se pode visitar dende hoxe, preferentemente pola noite, para admirar o excelente traballlo decorativo, con acceso dende a rúa Caridade.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------