Nota informativa do Bng de Castrelo de Miño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O BNG de Castrelo de Miño denuncia o uso do grupo escolar como vertedoiro
“O grupo escolar non pode ser un punto limpo”
O Bloque Nacionalista Galego de Castrelo de Miño denuncia a situación de abandono e uso
indebido do grupo escolar do municipio, que leva meses a empregarse como un vertedoiro
improvisado.


A portavoz municipal do BNG lembra que xa se advertiu desta situación en sucesivas
ocasións e que, no último Pleno, o alcalde recoñeceu non atopar alternativa. “Gobernar é
buscar solucións, non perpetuar problemas”, subliñan desde o grupo nacionalista.
Desde o BNG considérase inadmisible que se acumulen lixo e entullos no patio dun
centro educativo, poñendo en risco a saúde e seguridade de profesorado e alumnado. “É
imprescindibel adoptar medidas inmediatas que aseguren espazos públicos limpos e seguros,
especialmente cando falamos dun lugar no que cada día xogan e aprenden nenos e nenas”,
afirman.
A formación nacionalista lembra tamén que a recente suba da taxa do lixo debería
traducirse nunha mellora real do servizo, algo que, por desgraza, non está a suceder. “En
Castrelo de Miño seguimos a padecer o contrario: máis custe para a veciñanza e unha xestión
deficiente que mantén situacións indignas como esta”, conclúen desde o BNG.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------