Este mércores (día 5) o Club Ourense Baloncesto visita o Concello de San Amaro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de San Amaro recibirá este mércoles 5 de novembro a unha visita moi especial: a primeira plantilla do Club Ourense Baloncesto. Os xogadores do equipo ourensán compartirán unha tarde de encontro cos veciños en dous puntos emblemáticos do concello, nun evento pensado para promover o deporte e a convivencia.

A xornada dará comezo ás 16:00 horas no CEIP Lansbricae, onde os máis pequenos poderán coñecer de preto aos seus ídolos. Posteriormente, ás 16:45 horas, a comitiva visitará a Escola de Equitación e Equinoterapia de San Amaro, unha cita que subliña a aposta polos valores do deporte en todas as súas facetas.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Dende o Concello de San Amaro animamos a todos os veciños e veciñas a que se acheguen a estes puntos para coñecer en persoa aos xogadores, sacarse fotos, conseguir autógrafos e desfrutar dunha tarde especial cargada de baloncesto, convivencia e ilusión.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta visita non só supón unha oportunidade única para os afeccionados locais, senón que tamén reflicte o compromiso do Concello por traer iniciativas de interese social e deportivo que enriquezan a vida da nosa comunidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------