O Centro de Estudios Chamoso Lamas concede o ‘Torques de Honra 2025’ á investigadora Marita Souto Figueroa

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro de Estudios Chamoso Lamas concede o Torques de Honra 2025 á Dra. Mª Generosa Souto Figueroa en recoñecementoá súa traxectoria no estudo químico-analítico das augas termais e mineiromedicinais, en especial as da provincia de Ourense, impulsando a súa valorización como recurso terapéutico e patrimonial.

Doña María Generosa Souto Figueroa, coñecida popularmente como Marita Souto, é un referente internacional en hidroloxía médica e termalismo científico, e en febreiro deste mesmo ano ingresou como Académica de Número na Real Academia Europea de Doctores.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Asemade, no Carballiño, gárdaselle un grato recordo da súa etapa como directora e docente do IES Nº 1 da vila na década dos anos oitenta.

Este galardón, que otorga o colectivo cultural e investigador carballiñés con carácter bianual “en recoñecemento do labor daquelas persoas, entidades e publicacións na conservación, recuperación e divulgación do Patrimonio Histórico-Cultural das comarcas do Carballiño e do Ribeiro”, seralle entregado á premiada nun acto aberto ao público que se celebrará o sábado 13 de decembro, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura do Carballiño.

TRAXECTORIA DO TORQUES DE HONRA

O Centro de Estudios Chamoso Lamas instituiu o galardón Torques de Honra no ano 2008, e dende entón concedeu un total de once galardóns, sendo este último que se anuncia hoxe o undécimo, tres de xeito extraordinario e oito con carácter ordinario e bianual:

  • Na primeira edición, en decembro do 2008, entregáronse os Torques de Honra a Manuel Vázquez Fernández, conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e exalcalde do Carballiño; Aurelio Miras Portugal, deputado autonómico e exdirector xeral de Turismo, e Felipe Senén López Gómez, arqueólogo, museólogo e técnico cultural da Deputación da Coruña.
  • En decembro do 2009 concedeuse o galardón a Olimpo Liste e a súa dona Josefina Fernández, fundadores do Museo Etnográfico Olimpo Liste de Oseira.
  • En decembro do 2011 entregouse o Torques de Honra ao Almanaque Agrícola.
  • En decembro do 2013 o galardón foille concedido a Fray Damián Yáñez Neira, bibliotecario do Mosteiro de Oseira.
  • En decembro do 2015 concedeuse o Torques de Honra ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, que recolleu o seu creador e director Juan Carlos Sierra. 
  • En decembro do 2017 entregouse o oitavo Torques de Honra ao arquitecto nado no Carballiño Manuel Gallego Jorreto.
  • En decembro do 2019 concedeuse o noveno Torques de Honra aos Arquivos Catedralicio e Diocesano de Ourense, que recolleu o seu director, Miguel Ángel González García.
  • En decembro do 2023 concedeuse o décimo Torques de Honra ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que recolleu o seu director, Pablo Sánchez Ferro.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------