Luis Menor felicita ao Antela CF polo seu triplo ascenso que marca un “fito histórico” no fútbol provincial

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial a membros da directiva deste histórico, con quen se comprometeu a seguir apoiando tanto nos gastos de funcionamento da entidade como na mellora das instalacións do campo de fútbol

Ourense, 12 de novembro de 2025

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial á membros da directiva do Antela C.F., a quen felicitou “vivamente pola extraordinaria tempada” que veñen de rematar cun triplo ascenso dentro do club “un fito histórico” no fútbol provincial e incluso autonómico.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O filial do Antela pechaba no mes de xuño este triple ascenso tralos conseguidos polo primeiro equipo e o xuvenil, logrando así “unha tempada histórica” para a entidade de A Limia.

Durante o encontro fixeron un repaso polo labor futbolístico do Antela que conta cunha “extraordinaria canteira” -dixo Menor-, na que centos de rapaces se forman, un labor que transcende o ámbito municipal e chega a toda a comarca, sendo o club de referencia para toda a Limia.

Na xuntanza, o presidente provincial comprometeuse a manter “o apoio” da Deputación ante “este enorme traballo e grandes resultados” para colaborar coa entidade deportiva nos seus gastos de funcionamento, así como para na recente mellora das instalacións do campo de fútbol onde xogan as categorías inferiores.

Neste sentido, Luis Menor comprometeuse a continuar mellorando as instalacións desta infraestrutura deportiva, tal e como solicitou a directiva, para dar servizo a “esa enorme masa social” que ten este histórico club da provincia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------