Alumnado do IES Nº 1 do Carballiño opta aos premios do 41º Concurso da Constitución

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O xurado da 41ª edición do Concurso da Constitución da Subdelegación do Goberno en Ourense reuniuse hoxe para escoller os 20 traballos gañadores de entre os 1.351 recibidos. Este certame escolar conmemora este ano o 47 aniversario da Carta Magna e encádrase entre as actividades organizadas co impulso do Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade.

Aberto ao alumado de todos os niveis educativos, nesta ocasión os traballos debían versar sobre o artigo 45.2: “Os poderes públicos mirarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexer e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar o medio ambiente, coa axuda da indispensable solidariedade colectiva”. O xurado valorou a orixinalidade e creatividade dos traballos, así como a súa calidade artística e adecuación á temática.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

En concreto, a Subdelegación do Goberno recibiu 1.049 traballos en formato debuxo da categoría de educación infantil, primaria e educación especial; mentres que na modalidade na que concorren os estudantes de ESO, bacharelato, formación profesional e universitarios presentáronse 290 fotografías e 12 vídeos.

Na primeira categoría participaron rapaces e rapazas de 15 centros educativos públicos e privados da provincia (CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso, CEIP Plurilingüe Santo Ángel, CEIP Santa Teresa de Jesús Carmelitas, CPR Plurilingüe Divina Pastora, CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, CPR Plurilingüe Cardenal Cisneros, CPR Padre Feijoo Zorelle, CEIP Plurilingüe de Seixalbo, CPR Plurilingüe La Purísima, CPR Plurilingüe María Auxiliadora Salesianos, CEIP Plurilingüe dos Blancos, CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia; CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas do Barco; CPR Plurilingüe Guillelme Brown do Pereiro de Aguiar e CPR Plurilingüe Miraflores do mesmo municipio).

Na modalidade de fotografía e vídeo participaron alumnos e alumnas de 15 centros educativos (CPR Plurilingüe Divina Pastora de Ourense, IES Nº 1 de O Carballiño, CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle, CPR María Inmaculada de Verín, CPR Plurilingüe Guillelme Brown do pereiro de Aguiar, CPR Malvedo de Coles, CPR Pablo VI da Rúa, CPR Plurilingüe Santo Ángel Ourense, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova, IES Xesús Taboada Chivite de Verín; CIFP Portovello, IES Universidade Laboral de Ourense, CPR Plurilingüe Divina Pastora do Barco, CPR Plurilingüe Santa María Maristas e Universidade de Vigo).

O xurado está presidido polo subdelegado do Goberno, Eladio Santos, e formado polo secretario xeral da Subdelegación, Manuel Arias; a concelleira de Ourense Tamara Silva; o inspector de Educación Xosé Fernández; o subdirector da EASD Antonio Faílde, Miguel Álvarez; a concelleira de Barbadás Ana Belén Peleteiro, en representación do PSOE provincial de Ourense, e a senadora Rosa María Sánchez Gándara, en representación do PP provincial.

Entrega de premios

A gala de entrega de premios aos gañadores (10 de cada categoría) será o vindeiro día 6 de decembro, ás 12,00 horas, no Auditorio Municipal de Ourense, coa participación dos concursantes, premiados, responsables institucionais e familias para conmemorar o Día da Constitución. Nesta ocasión, o acto porá o broche final á programación celebrada en Ourense na campaña “50 anos de España en liberdade”.

A comisionada para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade, Carmina Gustrán, asegura que “celebrar medio século de liberdade é tamén celebrar a pluralidade que nos define como país”. “España é un Estado diverso, rico en territorios, linguas, tradicións e expresións culturais. Por iso, ten sentido que o programa conmemorativo sexa descentralizado, para que cada recuncho do noso país participe e aporte a súa voz a esta celebración dos valores democráticos que compartimos”, destaca.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------