A Deputación destina máis de 71.000 euros en axudas para entidades culturais e municipios da provincia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Xunta de Goberno desta semana, na súa sesión ordinaria, vén de mobilizar un total de 71.766,64 euros en axudas para entidades culturais e municipios da provincia.

Así, os concellos de A Veiga e Vilar de Barrio recibirán 43.766,64 euros, dos que 40.000 euros son para gastos de funcionamento do GES de A Veiga e 3.766,64 euros para arranxos do Plan Camiña Rural nos camiños Cancillos, Alto da Serra e O Castro.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No que atinxe ás entidades beneficiarias de axudas esta semana son o Museo do Pobo Galego (18.000 euros) e a Real Academia Galega das Belas Artes (10.000 euros), ambas achegas para para gastos de funcionamento.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------