Ourense, 26 de novembro de 2025.
O presidente provincial, Luis Menor, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial a Jacobo Casado, macedao de 15 anos que vén de converterse en campión nacional de karate na categoría cadete de máis de 70 quilos.
“É un orgullo e estamos seguros que a súa proxección non vai quedar aquí, terá moitos éxitos”, valorou Menor, que tamén felicitou ao seu adestrador, Alberto Casado, xestor de Kárate Club Maceda, polo seu traballo “no fomento do deporte e da inclusión”, con máis dun cento de federados.
O presidente provincial estudou futuras liñas de colaboración co club, poñendo en valor que “clubs do rural cheguen a un nivel de rendemento deportivo de nivel e ademais fomenten o deporte”. Destaca a celebración dun campionato galego en maio de 2026, que será apoiado pola Deputación.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Pola súa banda, Alberto Casado agradeceu o apoio da Deputación e desexou “poder levar o nome de Maceda aínda máis alto”.
O campión de España, Jacobo Casado, amosou o seu agradecemento pola “gran acollida” e o seu orgullo por representar a Maceda, Ourense e a Galicia. “Agora toca pensar ao grande, en Europa, pero tamén seguir traballando”, sinalou.









