A Xunta participa na entrega de premios da liga de fútbol sala e baloncesto de Special Olympics Galicia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe na gala de entrega dos trofeos e medallas da liga de fútbol sala e baloncesto de Special Oympics Galicia, onde felicitou a todas as persoas con discapacidade que participaron nestas competicións polo seu espírito deportivo, compañeirismo e capacidade de superación.

Por outra banda, no acto tamén se dedicou un recoñecemento especial a todas as persoas voluntarias que participan nas actividades que realiza Special Olympics ao longo do ano pola súa entrega e xenerosidade.

Begoña Abeijón reiterou o compromiso da Xunta coa plena integración, e destacou que o deporte é unha ferramenta moi útil para lograla. Tamén puxo en valor o traballo de entidades sociais  que traballan pola inclusión das persoas con discapacidade, como Special Olympics, que este ano celebrou o seu 25 aniversario cunha programación especial. Neste senso, garantiu que o Goberno galego vai seguir apoiando todas as actividades que realiza esta entidade a través dos convenios de colaboración anuais, que neste ano superan os 300.000 €.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------