Espazo Común convocou este venres, día 5, unha xuntanza “para debater sobre preguntas clave de cara ao futuro do Carballiño”, que tuvo lugar na Casa da Cultura a partir das 19,30 horas. “A convulsa realidade que está a vivir O Carballiño e a lóxica preocupación sobre a deriva que leva a nosa vila moveu a a Espazo Común a organizar unha xornada de debate sobre cuestións fundamentais que están candentes a día de hoxe”, anunciaran dende esta formación política.
O obxectivo da reunión foi ser eco “dos problemas sobre os que os cidadáns nos trasladan constantemente a súa inquedanza e que merecen unha análise seria e con miras moito máis altas das que está a amosar o goberno PPSOE”, coma é o caso da sanidade, “poñendo énfase na situación actual do Centro de Saúde e na ubicación proxectada para o novo que se vai construír será un dos asuntos a tratar. A idoneidade do derrubo da estación de autobuses e a sensación de precariedade no referente ás emerxencias no noso pobo, serán outros dos eixes da xuntanza”. Asemade, “a penalización aos habitantes do rural coa suba inxustificada da taxa do lixo e a posta en marcha da liña de alta tensión para a evacuación da enerxía dos parques eólicos pecharon a xornada”
Dende Espazo Común avanzaran que a intención é contar coa opinión dos afectados polo que houbo cinco breves intervencións de cidadáns relacionados con cada un dos puntos nomeados. Para o peche da xuntanza houbo unha intervención do concelleiro Pachi Vázquez, “que fixo unha valoración do camiño a seguir, segundo o que se falou durante o acto, para que O Carballiño vaia cara ao mellor futuro posible”.
Intervención de Emilio Fernández Pintos ” Milín ” sobre a Estación de Autobuses:
Intervención de José Antonio Lama Pérez sobre o Servizo de emerxencias do Carballiño:
Intervención de Manuel Nogueira Pérez sobre a suba taxa do lixo, especialmente no rural:
Intervención de Pablo Fernández Somoza sobre a Linea de alta tensión que atravesa o concello:
Intervención de Erika Paz sobre a sanidade e o Centro de Saúde:
Intervención de Pachi Vázquez:



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

















