Asemblea e peche do profesorado no IES García Barbón de Verín

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O profesorado do IES García-Barbón de Verín despois das folgas de setembro e outubro, nas que a participación foi exemplar e medrou conforme avanzaban as xornadas. Fronte a convocatoria da folga do profesorado dos días 16 e 17 de decembro, e reunidos en asemblea, acordou convocar unha Asemblea aberta a toda a comunidade educativa da provincia de Ourense para o luns 15 de decembro ás 19:30 no IES García-Barbón (Verín). Na mesma preténdse construír un movemento asembleario aberto e desde abaixo, capaz de tecer unha rede intercentros que recolla as voces de todo o profesorado, familias e alumnado. O obxectivo é coordinarmos accións e traballar de xeito unitario para recuperar a dignidade do ensino público debatindo, poñedo en común ideas e organiñándose estratexias de actuación. A continuación da asemblea, a partir das 20:00h, levaremos a cabo un PECHE NO INSTITUTO como medida de presión e visibilización da nosa protesta.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A Consellería de Educación ignorou por completo as demandas do profesorado. Ante esta falta absoluta de resposta, entendemos que a única vía é continuar coa loita. Con todo, pedimos ás organizacións convocantes que planifiquen estratexicamente as futuras datas das mobilizacións para que sexan efectivas e útiles, sen descartar a posibilidade da folga indefinida.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------