A Deputación de Ourense, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo, pon en marcha a segunda edición do programa “Motor Futuro” que dará a oportunidade a un ou unha xoven deportista ourensán de competir na tempada 2026 no Volante FGA – Sandero Eco Cup Galicia, un formato promocional integrado no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – RECALVI e o primeiro en equipar combustible ecolóxico GLP.
Esta selección estará limitada a participantes de entre 18 e 24 anos censados en calquera dos concellos de Ourense e a un número máximo de 30 aspirantes.
Os aspirantes non poderán ser campións nacionais ou internacionais. No apartado autonómico tan só se admite ser campión dun certame absoluto (non copas de promoción) en karting e autocross (consideradas categorías formativas).



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Esta iniciativa conta co ademáis apoio da FGA e PAST AUTOS RACING, que contribúen a completar o presuposto desta acción que procura a captación de novos talentos no automobilismo galego.
O prazo de inscripción comeza este venres 9 de xaneiro e estará aberto ata o 12 de febreiro ás 12:00 horas do mediodía. O proceso de selección terá lugar o día 15 de febreiro no Circuito Choqueiro (Ourense), do que sairá o vencedor da segunda edición de “Motor Futuro da Deputación de Ourense” en sustitución de Rubén Castillo, que no seu ano de debut no mundo das carreiras foi quen de pelexar polo título ata a derradeira proba puntuable.
















