Ourense, 23 de xaneiro, 2026_ Unha vez finalizado o prazo establecido para a presentación de candidaturas, a Secretaría Xeral da CEO recibiu hoxe, venres 23 de xaneiro, unha única lista cuxos integrantes se describen en documento anexo a esta nota, e que contou co respaldo de 77 avais procedentes de 6 asociacións diferentes.
O calendario e a normativa para este proceso establece a celebración da asemblea electoral o vindeiro xoves, 29 de xaneiro, na sede de Afundación ás oito da tarde en segunda convocatoria, e con dous únicos puntos na orde do día: composición e constitución da mesa electoral, e elección de presidente, vicepresidentes, tesoureiro, contador e vogais non natos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A celebración desta asemblea pon fin á presidencia protagonizada por César Blanco por mor do falecemento da anterior dirixente da CEO, Marisol Novoa, en agosto de 2024.

O día da asemblea están convocados 289 compromisarios con dereito a voto, censo que foi aprobado na xunta directiva celebrada para ese efecto o pasado 12 de xaneiro, reunión na que se estableceu tamén a data da asemblea e a apertura do prazo de presentación de candidaturas que finalizou hoxe mesmo.

















