A Xunta activaa alerta vermella por chuvia no interior de Pontevedra e laranxa en zonas da provincia de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Suspéndense as clases e o transporte escolar toda a xornada de hoe nos centros educativos e escolas infantís do interior de Pontevedra

Suspéndese ademais a actividade no exterior nos centros educativos e a actividade deportiva federada e do programa Xogade no noroeste, sur e Miño de Ourense pola alerta laranxa por chuvia

Tamén se suspende a actividade deportiva  no mar polo temporal costeiro nos concellos afectados pola alerta laranxa en todo o litoral galego

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Goberno galego informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2025

A Xunta vén de activar para mañá a alerta vermella por chuvias no interior de Pontevedra e laranxa no noroeste, sur e zona do Miño de Ourense. Tamén haberá alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Ademais, o 112 advirte de que durante a activación da alerta vermella é recomendable activar o Plan de Emerxencia Municipal do concello (PEMU) ou o Plan de Acción Municipal (PAM) ante inundacións no caso de telo.

Segundo os organismos predictores a alerta vermella actívase por precipitación acumulada que pode acadar os 150 mm. en 12 horas e no noroeste, sur e zona do Miño de Ourense 80 mm en 12 horas por alerta laranxa. Ante as fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Debido á alerta vermella por choiva, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as clases e o transporte durante toda a xornada de mañá, luns 26, nos centros educativos e nas escolas infantís da zona Interior de Pontevedra.

Así mesmo, debido á alerta laranxa por choiva, no día de mañá quedan suspendidas as actividades no exterior dos centros educativos en tres zonas da provincia de Ourense: Noroeste, Miño e Sur.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Os concellos afectados polas distintas suspensións poden consultarse no portal educativo.

Do mesmo xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, segundo as previsións dos órganos preditores, anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e as do programa Xogade que se realicen mañá no exterior nestas zonas. Os municipios e os horarios afectados poden consultarse na web Deporte Galego.

Continúa ademais a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Mantense polo tanto a suspensión da actividade deportiva no mar.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ESCOLAR DE ALERTAS DO 25 DE XANEIRO DE 2026
A Comisión Escolar de Alertas reúnese o domingo, 25 de xaneiro de 2026 ás 12:30 horas, coa asistencia dos representantes dos seguintes órganos:

  • Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
  • Axencia Galega de Emerxencias (Axega)
  • Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático (Subdirección
    Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático)
  • Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de
    Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
  • Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia,
    Universidades e Formación Profesional
  • Dirección Xeral de Mobilidade
  • Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
    A AEMET e Meteogalicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel
    VERMELLO por CHUVIA ACUMULADA EN 12H en Pontevedra (Interior), e de nivel
    LARANXA por CHUVIA ACUMULADA en Ourense (Noroeste, Miño e Sur) das
    08:00h do 26/01/2026 ata as 00:00 do 27/01/2026 .
    Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o
    seguinte:
  1. A SUSPENSIÓN DE CLASES E TRANSPORTE ESCOLAR na xornada do 26 de
    xaneiro de 2026 na provincia de Pontevedra (Interior) segundo o Anexo
    I
  2. A SUSPENSIÓN da actividade no exterior na xornada do 26 xaneiro do
    2026 en Ourense (Noroeste, Miño e Sur) segundo o Anexo II.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------