O grupo municipal de Espazo Común vén de manifestar a súa postura sobre a viaxe a Madrid do alcalde en funcións do Carballiño, José Castro, para participar na Feira Internacional de Turismo (FITUR), “facendo o contrario do que predicaba e gastando os cartos dos carballiñeses”.
Esta formación política refírese ao feito de que hai dous anos, o Partido Popular “criticaba este periplo e mesmo pedía por escrito, o 1 de marzo de 2024, as contas dos gastos derivados dos do 2023 e 2024”, e adxunta o documento que así o confirma. E apuntan que “o asinante desta solicitude era o mesmísimo Pepe Castro que esta pasada semana foi facer fotos a Madrid co presidente da Deputación de Ourense e demáis amigos a conta das arcas públicas”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Espazo Común ve unha contradicción neste cambio de actitude do PP, derivada do pacto de goberno asinado co PSOE no verán de 2024: “A transformación do Partido Popular do Carballiño dende que accedeu ao poder compartido co PSOE no verán de 2024 dá para unha tese doctoral moi ampla sobre o que é dicir unha cousa e facer a contraria”.

















