O Carballiño acollerá nas fines de semana do 28 de febreiro ao 5 de abril un curso de formación de monitores en actividades de tempo libre, medio ambiente e manipulación de alimentos que será impartido pola Escola de Tempo Libre coa colaboración da empresa Sustinea.
A presentación deste ciclo formativo tivo lugar esta mañá na Casa do Concello, coa asistencia do concelleiro de Cultura e Benestar Social, Diego Fernández; o director da devandita escola, Sergio Palleiro, e o presidente de Sustinea, Paulo Vázquez. Iste coincidíu co edil referíndose “ao déficit deste tipo de monitores que existe tanto na comarca como na provincia de Ourense, sobre todo tendo en conta que este tipo de titulación puntúa nas oposicións”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Pola súa banda, Sergio Palleiro comentou que o curso “terá 200 horas de duración, das cales 60 serán en liña, con sesións de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 21,00 horas tódolos sábados e domingos entre o vindeiro día 28 e o 5 de abril, con sede na Casa da Cultura do Carballiño, e un custe de 250 euros pola matrícula”. As persoas interesadas poderán inscribirse ata unha semana antes do inicio do curso, “que supón unha gran oportunidade para acceder a este tipo de capacitación, sobre todo orientada a celebración dos campamentos de verán, entre outras”.















