Primeira proba federada da tempada en Galicia na tempada 2026. O Campionato Xunta de Galicia de Karting comeza esta fin de semana (7 e 8 de febreiro) no circuito de As Pontes con nada menos que 105 equipos inscritos.
Éxito de participación antes de comezar e moita vontade de que a fin de semana o sexa tamén no apartado deportivo a pesar da climatoloxía, que non da tregua en forma de chuvia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Na xornada do sábado, turno para os adestramentos libres e as carreiras non competitivas dos pre-rookie, sempre ben acompañados polos seus proxenitores.
Para o domingo, o resto de modalidades cun crecemento espectacular nas categorías Rookie e Mini, ademáis dos Júnior, o que confirma que a pirámide marcada dende a FGA da o seus froitos. A actividade comezará ás 09:15 horas cos adestramentos oficiais.
As carreiras comezarán ás 11:50 horas e a entrega de premios, ás 15:30 horas.
A entrada o circuito é libre.









