O Concello do Carballiño vén de ultimar o plan de seguridade do Entroido atendendo á previsión meteorolóxica para os próximos días. O salón de plenos acolleu a reunión entre representantes da Corporación Municipal e dos corpos e forzas de seguridade e dos participantes no dispositivo, quenes acordaron os percorridos e pautas a seguir para unha celebración segura do Entroido. Cabe recordar que en xornadas como o martes 17, co Gran Desfile, ou o domingo 22, coa Festa da Cachucha, espéranse a chegada de miles de persoas á vila.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A celebración do Entroido estenderase dende o vindeiro venres, día 13, ata o domingo 22 de febreiro, cun amplo programa de actividades para tódalas idades que está pendente de confirmar por parte do Concello carballiñés, xa que todo dependerá das condicións meteorolóxicas que se prevean nas vindeiras datas.

















