As nenas e os nenos do colexio público e de Punto de Atención Infantil do municipio protagonizan mañá, venres, o arranque da programación do Entroido en San Cristovo de Cea. A actividade, prevista para que se desenvolva na Praza Maior podería ser trasladada, en caso de choiva, ao propio pavillón deportivo do centro de ensino.
O sábado, día 14, celebrarase a partir das 17,00 horas o gran desfile de Entroido polas rúas de Cea, e ao seu remate terá lugar a votación e a entrega de premios ás mellores comparsas. Pola noite, o pavillón polideportivo acollerá dende as 21,30 horas a ‘Cea de Entroido’, á que se poderá asistir con reserva previa. No acto elexirase e premiarase o mellor disfrace individual.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
E para o luns, día 16, está programada unha animada verbena baixo carpa, a partir das 22,30 horas, que correrá a cargo da orquestra Los Satélites, e o mércores, día 18, a charanga Nova de Trives encargarase de poñer a nota musical ao Enterro da Sardiña, no que haberá unha degustación gratuíta de sardiñas.

















