Ribadavia vivirá mañá, domingo 15 de febreiro, un dos actos centrais do Entroido: o gran desfile de comparsas, coa participación de “Sorcha” e “Tabaleiros da Istoria”, que sairá dende o IES O Ribeiro ás 17,30 horas para percorrer as rúas máis céntricas da vila ata chegar á Praza Maior.
A programación continuará o luns, día 16, cunha festa de disfraces infantil amenizada por DJ Tibu, que se celebrará no Club Artístico a partir das 16,30 horas. Xa pola noite, haberá baile de máscaras con ‘Louband’, de 23,30 a 01,30 horas, na rúa Progreso.
O martes, día 17, está previsto dende as 14,00 horas o tradicional ‘Xantar Popular’ na Alameda. As entradas poden adquirirse na Casa do Concello ou a través do correo electrónico culturaribadavia@gmail.com, cun prezo de 25 euros para adultos e 14 euros para infantil ata 10 anos. A xornada contará tamén coa actuación de ‘Terapia Kids’ para entreter aos máis cativos.

















