Este venres, día 20 de febreiro, Cine Club Carballiño continúa con cine español coa proxección de “Los tortuga”, segunda película de Belen Funes e que supuxo a súa consagración tralo exitoso debut con “La hija de un ladrón”.
O argumento contan que Anabel ten 18 anos e vive coa súa nai, Delia, unha taxista chilena emigrada ao barrio de Colblanc fai vinte anos. Estuda primeiro de comunicación audiovisual en Barcelona. Custoulle moito esforzo entrar na carreira, pero agora o seu futuro está a piques de cambiar. E é que, aínda que Anabel non o saiba, unha carta está a punto de chegar.
Filme de unha enorme sensibilidad, foi a gran sorpresa no pasado Festival de Málaga, onde obtivo o premio especial do Xurado e os premios á Mellor Dirección e Mellor Guión. Conta ademais con dúas nominacións nos premios Goya (mellor actriz e mellor actriz revelación).
Os pases serán ás 20,00 e as 22,30 horas, en castelán, no Auditorio Manuel María do Carballiño.
















