A residencia de Ribadavia ten hoxe 12 residentes dados de alta

O Concello de Ribadavia é o que mais preocupa en canto a evolución do coronavirus na comarca do Ribeiro. A día de hoxe seguen nos 65 casos activos, sen cambios con respecto á xornada de onte. Por outra banda, os datos esperanzadores chegan dende a residencia de maiores Nosa Señora dos Anxos.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta mañá notificaban a alta de 12 residentes e 2 traballadores, sinal de que o brote está estabilizado. Esperan que nos próximos días regresen parte dos residentes trasladados ó centro integrado da Xunta de Galicia e algún dos ingresados no CHUO. Seguen a traballar para que situación repercuta o menos posible nos residentes.