
A Policía Local do Carballiño, en colaboración coa Garda Civil, identificou a un menor como presunto autor dunha trintena de pintadas en bens públicos e privados da vila do Arenteiro. No marco da operación Orient-Ou da Comandancia, e despois de meses de investigación, acreditouse que o menor é o autor das pintadas, realizadas entre setembro de 2025 ata a actualidade baixo os seudónimos de “Cypres” e “Kero”.
A reparación dos danos, repartidos en diversas rúas e espazos da vila e en vagóns de tren, ascende aos máis de 15.000 euros, á espera da valoración das pintadas no Parque Municipal, un dos emblemas do Concello do Carballiño. Neste sentido, o concelleiro de Seguridade, Alberto Otero, fai un chamamento ao coidado e respeto do mobiliario urbano por parte da poboación. “A vila é de todos e todas, coidala é un traballo conxunto”, apunta.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O edil tamén anima á poboación a denunciar este tipo de actos vandálicos para lograr a súa erradicación. De feito, neste caso a investigación iniciouse despois de varias denuncias interpostas por un veciño, por membros da Corporación Municipal e por Renfe.

















