Melloras no illamento térmico e a eficiencia enerxética das vivendas sociais das aldeas de Piñeira de Arcos e Couso de Limia no concello de Sandiás cun presuposto de preto de 46.000 euros

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Sandiás rehabilitou nos últimos anos  as antigas escolas das aldeas de Piñeira de Arcos e Couso de Limia para diferentes usos como son o de vivendas sociais, velorios e lugares de encontro para os veciños.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nunha primeira fase os traballos de rehabilitación ocupáronse do acondicionamento interior e agora, na segunda fase abórdanse os relacionados co illamento térmico e a eficiencia enerxética da envolvente de ambos edificios, concretamente a través do illamento das cubertas evitando así a humidade e a redución da demanda de calefacción.

A empresa que realiza os traballos é Explotacións Medioambientais, S. L. cun  orzamento  de 45. 749. 88 Euros.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------