A Garda Civil detén a un ‘okupa’ que preparaba e vendía drogas no Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Garda Civil de Ourense vén de desarticular un punto de venta de droga ao míudo nun inmoble ocupado no Carballiño. Nesta operación, os axentes procederon á detención do ocupante da vivenda como presunto autor dun delito contra a saúde pública, e tamén incautaron 18 pílulas de MDMA (éxtase), tres doses de cocaína, tres doses de cannabis e catro doses de heroína, ademais de diversos aparellos para a preparación e envasado da droga. As dilixencias corren a cargo do Xulgado de Instrución do Carballiño.

Por outra banda, a Gardia Civil do Carballiño, no marco da Operación ORIENT-OU, posta en marcha coa colaboración da Policía Local da vila do Arenteiro, tomou declaración a un menor como presunto autor dun delito continuado de danos en bens públicos e privados. A este rapaz atribúillense unha trintena de pintadas que causaron diversos grafías no parque infantil da Toscaña, en varios edificios do casco urbano e nun tren estacionado na estación do ferrocarril. A reparación dos danos ocasionados por este grafiteiro estímase que ascenden a máis de 15.000 euros.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------