Cine Club Carballiño pecha a programación de marzo mañá, venres día 27, coa proxección de “La chica zurda”, un drama familiar dirixido por Shih-Ching Tsou, cineasta taiwanesa que colaborou con Sean Baker en varios dos seus proxectos. Baker, coñecido por gañar o Oscar do ano pasado por “Anora”, e coautor do guión xunto coa directora, e responsable tamén da montaxe.
O argumento xira ao redor dunha nai solteira e as súas dúas fillas, que regresan a Taipei tras varios anos vivindo no campo para abrir un posto no bulicioso mercado nocturno. Cada unha, á súa manira, terán que adaptarse a este novo entorno para chegar a fin de mes e conseguir manter a unidade familiar. Tres xeracións de segredos familiares empezan a desvelarse despois de que o avó tradicional lle diga á filla menor, que é zurda, que nunca usa a “man do diaño”.
O filme obtivo o Premio á mellor película no Festival de Roma, e foi aclamada pola crítica e o público dos diferentes festivais polos que pasou.
Haberá un pase en versión dobrada ao castelán ás 20,00 h. e outro en versión orixinal subtitulada ás 22,30 no Auditorio Manuel María do Carballiño.

















