O CPI Terras de Maside gaña o Premio do público no IX Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos “Cantamos coas Mans”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

IX Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española “Cantamos coas Mans” – Centros Gañadores

Xa se deron a coñecer os centros gañadores da novena edición do concurso escolar de cancións en lingua de signos. Nesta iniciativa participan dúas modalidades de premio: o Premio do Público, elixido por votación popular, e o Premio do Xurado, outorgado por un equipo profesional.

Centros premiados:

Premio do Público (centro máis votado): CPI Terras de Maside (Maside).

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Premio do Xurado: IES A Sardiñeira (A Coruña).

Mencións de Honra:
Pola calidade das propostas presentadas, o xurado concedeu Mencións de Honra aos seguintes centros educativos:

CRA de Ribadumia.

CEIP Sacra Familia (A Coruña).

CEIP de Ardán (Marín).

CEIP de Vilaverde-Mourente (Pontevedra).

A organización felicita a todos os centros galardoados e agradece a participación e o esforzo do resto de centros, o labor do xurado profesional, a colaboración da Xunta de Galicia e Vegalsa-Eroski, así como o seguimento e as votacións do público.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O acto de entrega de premios celebrarase o próximo 8 de maio. Quen desexe desfrutar das actuacións poden consultar todos os vídeos na sección “Cantamos coas Mans”.

No CPI Terras de Maside seguen dando, un ano máis, un pasiño adiante cara á inclusión e á integración de todo o alumnado. Nesta liña, o centro levou a cabo un curso de formación en linguaxe de signos, unha iniciativa que xorde da realidade e das necesidades da comunidade educativa, na que contan coa presenza de dúas alumnas de etnia xitana xordomudas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------