Este mércores o día 08 de abril as 18:00 h, no salón de actos do IES nº 1 de O Carballiño, a Anpa organiza unha charla–coloquio para educadores, país/nais e alumnos de 1º e 2º de Bacharelato.
Esta actividade é unha charla–coloquio na que un representante da USC (Universidades de Santiago de Compostela) fará unha presentación sobre o mundo Universitario (dar a coñecer as diferentes titulación así como información social, cultural, de investigación…) así como a proba de acceso (ABAU).
Dita exposición terá unha duración entre 50 e 60 minutos seguida dun coloquio no que, o público asistente podrá formular as preguntas e dúbidas que desexe.
Este programa ten como finalidade solventar as moitas dúbidas que se nos presentan chegado este momento tan importante para os nosos fillos.
Esperamos a vosa asistencia



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
















