Medallas de ouro e prata para o Club Marusia do Carballiño na Copa Deputación de ximnasia rítmica

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os equipos do Club Marusia de ximnasia rítimica do Carballiño acadaron grandes logros tanto a nivel colectivo coma individual na segunda fase da Copa Deputación celebrada esta pasada fin de semana na localidade de Maceda.

Así, o conxunto Alevín A fíxose coa medalla de ouro, mentres os grupos Infantil B e Alevín B conqueriron sendas medallas de prata nas súas categorías e o Infantil A quedaba en sexta posición tras unha gran actuación. Ademais, nas competicións individuais Naroa Datorre gañaba o ouro en cadete e Sofía Ardilla e Claudia Pereira obtiveron ouro e prata, respectivamente, na categoría benxamín.

Ayer en el campeonato de la segunda fase de la copa diputación en Maceda, el Club Marusia de Carballiño tuvo grandes logros con el gran trabajazo en sus actuaciones ,tanto de los 4 conjuntos como de las 3 individuales 🤸🏻‍♀️🎉

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende a directiva do Club Marusia queren transmitir a súa noraboa á súa adestradora, Antía Abal Vittori, “polo seu gran traballo en crear as coreografías e ensinando ás nosas ximnastas a mellorar non só cada día sobre o tapiz, senón tamén a facerlles desfrutar da ximnasia rítmica”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------