O Museo do Viño de Galicia acolle mañá, xoves 9 de xullo, outra das citas programadas na sexta edición das ‘Catas Sonoras’, cun concerto a cargo do trío Abril Fado Atlántico, que terá lugar na terraza exterior a partir das 21,00 horas e con entrada libre ata completar o aforo. Coma sempre, ao remate do recital, os asistentes poderán degustar unha copa de viño.
‘Cata Sonora’ é un ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais que contará con artistas que compartirán o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como é a terraza exterior do museo. Espazo cun atardecer e un silencio pracenteiro só interrompido pola sonoridade da campá da igrexa de Santo André de Camporredondo, parroquia onde está ubicado o centro museístico. É unha aposta pola boa música, pola cultura e polo etnoturismo na comarca do Ribeiro.

















