Francisco Fumega felicita aos xogadores, directiva, corpo técnico e afeccionados do Arenteiro polo ascenso e unha extraordinaria tempada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

-O alcalde do Carballiño agarda que o seu éxito redunde no deporte base cun aumento de xogadores e que as administracións estean á altura para afrontar os novos retos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 O Carballiño, 16 de abril de 2023

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, felicita aos xogadores, directiva, corpo técnico e afeccionados do Arenteiro polo ascenso a Primeira RFEF que veñen de acadar tras o partido no estadio do Couto ante o Ourense C.F. O rexedor súmase ao sentimento de orgullo da marea verde e de todo o pobo despois dunha tempada extraordinaria que agora ten o recoñecemento ansiado.

Francisco Fumega asegura que o próximo ano será histórico para O Carballiño, xa que existe a posibilidade de que o Arenteiro se enfronte a equipos como o Deportivo, Racing de Ferrol ou filiais como os do Celta ou o Real Madrid, entre outros, demostrando que os seus xogadores teñen un gran potencial.

O rexedor agarda que o éxito do Arenteiro redunde no deporte base cun aumento de xogadores e tamén que as administracións estean á altura para afrontar os novos retos do equipo.

Por último, Francisco Fumega agradece a todo un pobo o seu apoio a un equipo que conseguiu devolver a ilusión a moitos veciños e veciñas e crear novos lazos na veciñanza. É indiscutible que a vila está hoxe máis unida grazas ao Arenteiro e a súa marea verde que se sentiu nunha tempada inesquecible con fitos como este ascenso a Primeira RFEF, o título da Copa Federación ou as eliminatorias da Copa do Rei que trouxeron á vila a equipos como o Atlético de Madrid. ¡Noraboa equipo!