Os equipos de busca atoparon esta mañá á muller de San Amaro que estaba desaparecida dende a medioanoite

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Pasadas as 9,00 horas desta mañá de martes, Nonita, a veciña da localidade de A Gaime, en San Amaro, era localizada polos equipos mobilizados na comarca para a súa busca dende a medianoite de onte, luns, coincidindo coa alerta de desaparición emitida dende o Servizo de Urxencias 112.

Veciños, voluntarios de Protección Civil, axentes da Garda Civil e persoal do Servizo Municipal de Emerxencias do Carballiño desprazado ata San Amaro, entre outros, integraron o operativo despregado dende as 00,00 horas de hoxe, que, finalmente, atopou a Nonita nunha zona boscosa na contorna da súa residencia hbitual. Esta veciña fora vista por última vez ás 19,00 horas de onte.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tras ser trasladada ao Centro de Saúde do Carballiño para unha revisión, a muller foi levada ao seu domicilio de A Gaime, ao non serlle detectado ningún dano ou problema médico.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------