A empresa Sustinea é a encargada de xestionar na provincia de Ourense a estadía de xoves para a súa formación práctica en Irlanda ao abeiro das convocatorias promovidas pola Xunta de Galicia. A presentación destes cursos de formación tivo lugar hoxe na Casa do Concello, coa asistencia do xerente de Sustinea, Paulo Vázquez, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.
O edil agradeceu a aposta da empresa polo Carballiño e lembrou os cursos de monitores de tempo libre que se está a desenvolver e a primeira edición destes cursos, que posibilitaron a inserción laboral dos participantes. Neste caso, tal e como explicou Paulo Vázquez, ofértanse tres prazas para xoves de 18 a 30 anos de idade, que leven empadroados no municipio ao menos 12 meses e que se atopen inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Tras un periodo previo de información e adaptación dos seus currículos, a estancia dos finalmente seleccionados será de catro meses na localidade de Cork, na República de Irlanda, con tódolos gastos de manutención e aloxamento pagados. As inscricións pódense efectuar na páxina sustinea.org.














