O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, visitou esta mañá en San Paio a ‘Feira Solidaria’ do CRA Amencer de Ribadavia para trasladarlle ao alumnado, familias e equipo docente as felicitacións por esta iniciativa solidaria que implica a todos os escolares e contribúe á sensibilización social.
O delegado territorial salientou que a través desta feira solidaria, os colexiais participan activamente na promoción da saúde, o coidado do medio ambiente e a solidariedade, contribuíndo ao desenvolvemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) promovidos pola Organización das Nacións Unidas dun xeito práctico e significativo.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Trátase da terceira edición, que ten por obxectivo facer deste evento un espazo de encontro onde aprender, colaborar e axudar, demostrando que xuntos pódese cambiar o mundo. En 2025 recadáronse preto de 1.000 euros destinados á loita contra o cancro coa venda de leitugas, flores, marcapáxinas, estoxos, xoguetes tradicionais, bolsas sorpresa, botes sensoriais, botes para velas e calendarios solidarios con fotos do alumnado. Todos os produtos foron realizados, cultivados e coidados polos cativos e cativas do CRA Amencer de Ribadavia.

















