A Xunta conclúe os traballos da nova sinalización semafórica da Ponte Esperela, en Leiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A nova sinalización completa os traballos de nova iluminación ornamental que a Xunta levou a cabo nesta ponte, cun investimento de 360.000 €

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2026

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Xunta vén de concluír os traballos da nova sinalización semafórica da Ponte Esperela, no concello ourensán de Leiro, unha actuación coa que se completa a xa realizada pola Administración autonómica de iluminación ornamental desta estrutura sobre a OU-209, na que realizara un investimento de máis de 360.000€.

Con estas intervencións da nova regulación semafórica, a iluminación e unha anterior limpeza, a Xunta buscou poñer en valor a ponte, ademais de incrementar a funcionalidade e seguridade deste elemento patrimonial do concello de Leiro, que conecta o núcleo urbano e a súa área fluvial co núcleo rural da Esperela e a súa área de lecer.

Coa actuación da sinalización semafórica sensorizada na ponte, queda resolta a a incorporación dende a estrada OU-504 á Ponte Esperela e contribúe tamén ao reforzo da seguridade na incorporación contraria, pois mellorarase a sinalización horizontal e vertical na citada OU-504.

A Xunta actuou con anterioridade na ponte para dotala dunha nova iluminación nos seus alzados e na calzada, e tamén renovou o pavimento da propia estrada OU-209 sobre a ponte. A intervención, ademais de acentuar a estética da ponte, permite aumentar a súa funcionalidade e seguridade. Así, instaláronse proxectores en ambas marxes do río, augas arriba e abaixo, e tamén proxectores de parede situados no terreo para iluminar o muro de acompañamento na beira dereita, o único visible desde a área fluvial de Leiro. Iluminouse tamén con proxectores a calzada sobre a ponte e o tramo de vía dos muros de acompañamento.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------