Espazo Común pide a dimisión inmediata de José Castro por empregar recursos públicos para a romaría do PP

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo municipal de Espazo Común solicita a “dimisión inmediata” do concelleiro de Deportes e eventual alcalde do Carballiño, José Castro, por permitir a utilización do pavillón Paco Chao para acoller a primeira edición da Romaría Provincial do Partido Popular, que tivo lugar nestas instalacións deportivas municipais o pasado sábado.

Dende esta formación política da oposición no Concello apuntan que “o que non debería pasar de ser unha xuntanza para o autoaplauso e coa, sempre positiva, chegada de centos de visitantes ao Carballiño, converteuse, nas máns dos populares locais, nun caos, nun malgasto de recursos públicos e no estragamento de propiedades municipais”. Ao respecto, suliñan que, “de feito, nun partido celebrado o domingo pola mañá, as queixas de pais e nais de deportistas polo mal estado que presentaba non foron poucas”, en referencia á pista anexa do pavillón no que se celebrou o xantar, que tamén obrigou á modificación ou aprazamento de varios eventos deportivos programados entre o venres e o sábado desta pasada fin de semana.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Por outra banda, Espazo Común avanza que “tamén dirixiremos un escrito ao presidente da Deputación, promotor do evento, para que se dean á cidadanía explicacións pola presenza de vehículos da flota do ente provincial no dispositivo que este domingo desmontaba a toda velocidade a infraestrutura empregada o sábado”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------